Bolsas para mozos/as investigadores/as na rama de ornitoloxía

20 Nov 2023
 
A compañía SEO/BirdLife fai unha convocatoria de bolsas para mozos/as investigadores co fin de “fomentar e apoiar a investigación ornitolóxica entre os científicos noveis”.
 
Esta convocatoria, que se iniciou no ano 2003, contará nesta edición con tres axudas de 2.200 euros cada unha para a súa concesión o próximo ano 2024 a ornitólogos e ornitólogas non profesionais.
 
O prazo para presentar as solicitudes, a través do formulario web, está aberto ata o 31 de xaneiro de 2024 . Só se concederán estas bolsas a aqueles proxectos que “estean orientados á investigación das aves silvestres en España e que teñan unha duración máxima dun ano”.
 
Ademais, SEO/BirdLife explica : “Valorarase positivamente a existencia dun titor/a externo, profesional ou experto, que poida orientar e supervisar a realización do proxecto, e que avalará o informe final”.
 
Requisitos:
- Ornitólogos/as non profesionais
- Proxectos orientados á investigación das aves silvestres en España e que teñan unha duración máxima dun ano
 
Dotación: Tres bolsas de 2.200 euros cada unha
 
Máis información: