20 bolsas para estudantes da UDC con necesidades educativas especiais

16 Nov 2023
 
 
A Universidade da Coruña convoca 20 bolsas para estudantes con necesidades educativas especiais asociadas a diversidade funcional como medida de apoio ao estudo do alumnado da UDC que teña recoñecida legalmente a condición de persoa con diversidade funcional.
 
Os gastos que poden considerarse obxecto destas bolsas son os seguintes:
-Importe de equipamento/material de apoio
-Axuda de terceira persoa para o desprazamento
-Asistencia persoal para apoio de tarefas académicas
-Servizos profesionais de mellora de condicións físicas e psicolóxicas relacionadas co proceso de ensino-aprendizaxe
-É condición indispensable que os gastos presentados na xustificación non estean subvencionados por outro tipo de programas ou axudas.  
 
Requisitos:
-Estar matriculado/a no curso 2023/2024 na Universidade da Coruña, nunha titulación oficial.
-Ter recoñecida legalmente a condición de discapacidade.
 
Dotación:
A dotación económica total máxima de cada bolsa é de 1.100 euros
 
Máis información:
Universidade da Coruña
Maestranza, 9, 15001 A Coruña
Tel. 981 167 000
Enderezo electrónico: bolsas@udc.gal