Concurso da exposición sobre Luísa Villalta

16 Nov 2023
 
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso entre os centros de ensino non universitario para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta.
 
Categorías: 
Categoría A: Educación infantil e primaria.
Categoría B: Educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
 
Requisitos:
O eixe temático das exposicións será a obra e a época da autora.
Poderán participar todos os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Os traballos serán orixinais e inéditos. A técnica que se utilizará será libre e presentaranse preferiblemente en cor.
 
Premio:
O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.
 
Inscricións:Ata o 19/01/2024
 
Enderezo:
Secretaría Xeral de Política Lingüítica
Rúa San Roque nº 2
15781 - Santiago de Compostela
Tel: 881 996 301
Web: lingua.gal