Reporteiros na rede

16 Nov 2023

A Fundación Ibercaja convoca o concurso Reporteiros na Rede, para fomentar a aprendizaxe das competencias globais do século XXI: o pensamento crítico, a comunicación, a investigación, a dixitalización, a innovación, a creatividade e o traballo cooperativo.

O concurso está dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato ou Ciclo Formativo que non superase os 20 anos no momento da inscrición ao concurso, baixo a tutela dun docente.

Obxectivos
- Complementar a formación e a educación dos alumnos participantes a través do uso e manexo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).
- Incentivar e adestrar aos estudantes no labor de investigación e na procura da información, dos coñecementos e conceptos necesarios para levar a cabo un traballo divulgativo aplicando a metodoloxía colaborativa e por proxectos.
- Mellorar a destreza do alumno no bo uso da internet como fonte de información útil para os seus estudos curriculares e outros coñecementos que complementen a súa formación.

As áreas temáticas son ciencia e tecnoloxía, mobilidade e eduación financieira e as modalidades nas que podes participar son artigo escrito e peza audiovisual curta.

O prazo para participar estará aberto ata o 17 de xaneiro de 2024

Premios:

- Artigo Escrito: para os traballos gañadores concederanse os seguintes galardóns.

Na modalidade de “Ciencia e Tecnoloxía”:
Bacharelato e Ciclos Formativos: Premio por valor de 1.150 €
ESO: Premio por valor de 1.150 €

Na modalidade de “Mobilidade”:
Bacharelato e Ciclos Formativos: Premio por valor de 1.150 €
ESO: Premio por valor de 1.150 €

Na modalidade de “Educación Financeira”:
Bacharelato e Ciclos Formativos: Premio por valor de 1.150 €
ESO: Premio por valor de 1.150 €

- Peza Audiovisual Curta (vídeo): para os traballos gañadores, ademais dun diploma acreditativo, concederanse os seguintes galardóns.

Na modalidade de “Ciencia e Tecnoloxía”: Premio por valor de 1.150 €

Na modalidade de “Movilidad”: Premio por valor de 1.150 €

Na modalidade de “Educación Financeira”: Premio por valor de 1.150 €

O profesorado coordinador dos traballos premiados recibirán 250 € en recoñecemento ao seu interese e dedicación.

https://www.fundacionibercaja.es/convocatorias/concurso-reporteros-en-la-red-2024/