Concurso de relatos curtos “Construíndo cultura en saúde mental"

16 Nov 2023

A Plataforma “Saúde Mental e Cultura” convoca a IV edición do concurso de relatos curtos “Construíndo cultura en saúde mental", este ano baixo o título “A miña vida... e os outros: promoción da saúde mental e prevención do suicidio”.

O tema do concurso virará ao redor da Saúde mental, este ano de forma específica sobre “A miña vida... e os outros: promoción da saúde mental e prevención do suicidio”. Con este suxestivo título, valoraranse especialmente os relatos que axuden a superar o estigma e reducir os prexuízos. Da mesma maneira, valorarase a orixinalidade, creatividade e calidade literaria dos traballos.

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen de calquera nacionalidade e país de residencia. Poderán participar tamén menores de idade, sempre que se achegue unha autorización asinada polo pai, nai ou titor, autorizando a participar no Concurso.

As obras terán unha extensión máxima de 200 palabras (sen contar o título), escritas en castelán. Unicamente admitirase unha obra por participante.

A forma de envío será telemática mediante correo electrónico enviando dúas mensaxes a dúas direccións diferentes:

Primeiro correo. Débese enviar a saludmentalycultura.relatos@blogger.com, poñendo en asunto o pseudónimo e o título entre comiñas e no corpo da mensaxe o relato, que así mesmo estará encabezado por pseudónimo e título.

Segundo correo. Débese enviar a saludmentalycultura@gmail.com, poñendo en asunto “Para o concurso Construíndo cultura en saúde mental”

Os traballos deberán enviarse antes das 23:59 horas do 3 de decembro de 2023.

Establécese unha única persoa gañadora, que recibirá un premio de 500 € trocables en FNAC. Aos dez finalistas faráselles entrega dunha figura decorativa alusiva á súa participación elaborado por usuarios de AFEMAR.

https://construyendoculturaensaludmental.blogspot.com/2023/09/bases-del-iv-concurso-de-relatos-cortos.html