IV edición do programa INCUVI- Consolida

15 Nov 2023
IV edición do programa INCUVI- Consolida
 
Obxecto:
A concesión dunha axuda que contribúa á consolidación de proxectos emprendedores viables, nacidos ou desenvolvidos total o parcialmente na Universidade de Vigo e promovidos por persoas recentemente tituladas na mesma co fin de que os/as beneficiarios/as podan seguir madurando o proxecto validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado.
 
Requisitos
1. Persoas solicitantes:
As persoas ou equipos emprendedores que fosen beneficiarias dun premio na VII edición da convocatoria INCUVI-Avanza. So poderán presentar o proxecto desenvolvido durante a súa participación no programa INCUVI-Avanza.
No caso de presentarse un equipo, so é necesario que a persoa que presenta a solicitude (e que actuará como promotor do proxecto emprendedor) houbera participado na convocatoria INCUVI-Avanza.
De ser este o caso, haberá que presentar a renuncia formal daqueles compoñentes do equipo que non queiran seguir madurando a idea, e polo tanto se desvinculen do proxecto emprendedor.
 
2.Composición de equipos:
A idea emprendedora poderá presentarse de xeito individual ou en equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso haberá unha persoa que actuará como coordinadora do equipo.
A persoa ou equipo promotor deberán ter a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
Non se poderá presentar máis de un proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.
 
Documentación:
-Breve currículo de todas as persoas integrantes do equipo emprendedor (máximo 1 cara tamaño A4) no que indiquen formación, experiencia e outra información considerada de utilidade para reforzar a súa candidatura.
-Carta de interese/motivación redactada pola persoa promotora da idea/coordinadora do equipo na que xustifiquen a súa motivación e compromiso potencial para traballar na maduración da idea emprendedora a través da súa participación no programa INCUVI-Avanza.
-Formulario de renuncia, que terán que cubrir e firmar aqueles membros beneficiarios das axudas no INCUVI-Avanza que decidan desvincularse da idea na que traballaron ó longo do programa.
 
Data fin solicitudes:20/11/2023
 
Prazo para resolver:3 meses
 
Contacto:
Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da Universidade de Vigo
Edificio Exeria. As Lagoas - Marcosende (36310 - Vigo)
Tel.: 986 81 40 94
www.uvigo.gal
 
web:https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/premios