VIII Programa INCUVI-Avanza da UVigo

15 Nov 2023
 
Requisitos:
As persoas solicitantes deberán pertencer a algún dos seguintes colectivos:
a) Estudantado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de Grao ou Máster oficial no curso 2023/2024.
b) Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2020/2021 ou posteriores.
c) Estudantado matriculado en titulacións oficiais ou persoas tituladas doutras universidades españolas no curso 2020/2021 ou posteriores, sempre que estes non superen o 50% dos membros do equipo.
O proxecto poderá presentarse de maneira individual ou en equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso haberá unha persoa que actuará como coordinadora do equipo.
As persoas que formen parte do equipo promotor deberán ter a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
Non se poderá presentar máis de un proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.
 
Axudas:
1. Formación: Os equipos emprendedores recibirán formación dirixida á preparación da prototipación (10 horas) e á planificación do marketing (10 horas) ó longo dos 6 primeiros meses do programa (febreiro-xuño 2024).  
2. Mentorización personalizada: contarán cun equipo de mentores/as que asesorarán os proxectos ó longo dun período dun período de 6 meses (Febreiro - Xullo 2024) nos que disporán dunha bolsa de 12 horas por proxecto. 
3. Desenvolvemento da idea de negocio: os equipos de negocio traballarán de xeito autónomo e dirixido no desenvolvemento dos seus proxectos, dispoñendo dunha bolsa de 12 horas de traballo para este fin.
- Achega económica máxima de 1.000 € por proxecto para facer fronte a custos de prototipación ou demo dun produto ou servizo que forme parte da iniciativa emprendedora
 
Inscricións: 20/11/2023
 
Páxina web:www.uvigo.gal
 
Máis información:
Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da Universidade de Vigo
Edificio Exeria. As Lagoas - Marcosende (36310 - Vigo)
Tel.: 986 81 40 94