Nós tamén creamos!

15 Nov 2023

A Xunta de Galicia convocan os premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos! para o curso académico 2023/2024.

Establécense catro categorías, con cadanseu premio:
Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil
Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de 1º e 2º de educación primaria
Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de 3º e 4º de educación primaria
Categoría 4: destinada a curtas realizadas con alumnado de 5º e 6º de educación primaria

Cada centro galardoado cun Primeiro Premio ou cun Accésit nunha destas categorías recibirá un lote de libros de OQO editora, unha subscrición anual á plataforma desta editorial con acceso a libros, filmes e outros contidos dixitais en galego e mais un agasallo da CRTVG, así como un diploma acreditativo.

O prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia estará aberto ata o día 1 de febreiro de 2024 co formulario PR004A
A data límite de envío das curtametraxes será o 30 de maio de 2024.

Máis información e bases do concurso