O Centro Galego de Artes da Imaxe organiza en Santiago de Compostela, Memorias dunha imaxe latente. Curso de historia da fotografía.
Datas: do 24 xaneiro 2024 ao 29 maio 2024
Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h
Coordinación: Virginia Villar
Dirección: Fuco Reyes
Prazas: 250
Matrícula: 30 €
Este curso propón unha deriva pola historia da fotografía desde o primeiro desexo de crear unha imaxe pola acción da luz ata o xurdimento das vangardas nos primeiros anos do século XX.
Farase un percorrido que permitirá conectar o medio fotográfico cos seus protagonistas, a sociedade, o pensamento e a cultura ao longo dun século. Cen anos de imaxes latentes para revelar ou desvelar a nosa maneira de entender a fotografía deste tempo.
Inscrición: o prazo de inscrición estará aberto desde o 15 de novembro de 2023 ata o 19 de xaneiro de 2024. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal. Nela deberán indicar os seguintes datos: apelidos, nome, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Unha vez que se acepta a solicitude, as persoas rexistradas recibirán información sobre como deben realizar o pagamento.
https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/memorias-dunha-imaxe-latente-curso-de-historia-da-fotografia