XII Programa INCUVI-Emprende da UVigo

14 Nov 2023
 
A Universidade de Vigo convoca a XII edición do programa INCUVI-Emprende, co obxectivo de apoiar as ideas emprendedoras que xurdan entre o estudantado e persoas recentemente tituladas.
 
Requisitos:
Os membros dos equipos promotores das ideas deberán pertencer a algún dos seguintes colectivos:
a) Estudantado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de Grao ou Máster oficial no curso 2023/2024.
b) Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2020/2021 ou posteriores.
c) Estudantado matriculado en titulacións oficiais ou persoas tituladas doutras universidades españolas no curso 2020/2021 ou posteriores, sempre que estes non superen o 50% dos membros do equipo.
A idea emprendedora poderá presentarse de maneira individual ou en equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso existirá unha persoa que actuará como coordinadora do equipo.
A persoa ou equipo promotor deberán posuír a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
Non se admitirán proxectos presentados por grupos nos que algún dos membros fose premiado en anteriores convocatorias de INCUVI.
Non se poderá presentar mais dun proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.
 
Dotación:
Formación e titorización do equipo emprendedor durante un período de preincubación de 7 meses, co último fin de elaborar un modelo de negocio das ideas presentadas.
 
Contacto:
Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da Universidade de Vigo
Edificio Exeria. As Lagoas - Marcosende (36310 - Vigo)
Tel.: 986 81 40 94
www.uvigo.gal
 
Máis información: