Premios Talento Mozo 2023

13 Nov 2023
A Xunta premia o enxeño da xente nova nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa e Cultura e Creación.
 
O obxectivo destes galardóns é dar visibilidade ao enxeño e capacidade de xente nova entre os 18 e 35 anos de idade cunha traxectoria relevante nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa e Cultura e Creación.
 
Os premios Talento Mozo Galicia na súa edición de 2023, convocados pola Consellería de Política Social e Xuventude,o xurado recoñeceu as traxectorias:
 
-na categoría de Ciencia foi galardoado Mario Soilán Rodríguez; 
-na de Rural o premio foi para Elio López García;
-na de Deporte: Adiaratou Iglesias Forneiro;
-na de Empresa recoñeceuse o talento de David Blanco Fraga e
-na modalidade de Cultura e Creación o xurado premiou a Iria Folgado Dopico.
 
Cada un deles recibirá un premio en metálico de 5.000 euros, ademais dunha distinción honorífica e un diploma acreditativo.