Premios Xuventude Crea 2023 na categoría de videocreación:

13 Nov 2023
Premios Xuventude Crea 2023 na categoría de videocreación:
 
Os gañadores da final de Videocreación do programa Xuventude Crea 2023 da Consellería de Política Social e Xuventude, que esta edición se celebrou no marco do festival Cineuropa e que tivo lugar no serán do sábado na sala Númax.
 
O xurado outorgou:
 
-O primeiro premio a Miguel López Rodríguez, de Vigo, pola obra ‘Taquión’.
 
-En segundo lugar quedaron Bruno Ramos Domínguez e Cristina Varela Ugarte, da Coruña,  coa proposta ‘O labirinto do esquecemento’.
 
-O terceiro posto foi para Mario Fernández Filoy, do Carballiño, pola obra ‘Matador de peixes’,
 
O número de obras que se presentaron a esta especialidade foron trece, das cales nove chegaron á fase final desta fin de semana.
 
O gañador recibirá un premio de 3.000 euros, os que quedaron en segundo lugar levará 1.500 euros e a dotación económica para o terceiro clasificado é de 1.000 euros.
 
Parabéns a todas e todos!!!!