Subvencións a asociacións xuvenís da provincia da Coruña para investimentos culturais

10 Nov 2023

A Deputación da Coruña convoca subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de investimentos culturais durante o ano 2024.

Beneficiarias:
- Entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade ordinaria no ámbito local ou comarcal dentro da provincia da Coruña.
- Entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade ordinaria no ámbito supra-provincial.
- Entidades de natureza veciñal: asociacións de veciñas e veciños, asociacións xuvenís, de amas de casa, da terceira idade, asociacións de mulleres rurais.
- Entidades de natureza socioeducativa: ANPAS de centros educativos do ensino público, asociacións pedagóxicas, etc.
- Entidades de natureza social e/ou asistencial: entidades que realizan o seu labor de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio ambiente, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 15 de novembro de 2023 as 08:00 horas ata o día 15 de decembro de 2023 as 14:00 horas

Máis información no BOP da Coruña do 10 de novembro de 2023