A OMIX do concello de Tomiño organiza as seguintes actividades:
UN SÁBADO VIAXANDO NO TEMPO
Último verán en Santa Cristina, conta o que lle ocorre a un mozo de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido aquel verán.
Sábado, 11 de novembro
Auditorio de Goián
Hora: 21h
Persoas adultas: 7€
UN DOMINGO MÁXICO
A compañía de Cayetano Lledó visitará Tomiño cun espectáculo máxico e sorprendente apto para todos os públicos.
Domingo, 12 de novembro
Auditorio de Goián
Hora: 17:30h
Persoas adultas: 7€
Infancia: 3,5€
* Este é o espectáculo de maxia que Cayetano Lledó presentou no campionato do mundo de maxia en Busán, Corea do Sur, e co que conseguiu a 4ª posición na clasificación mundial.
Máis información:
OMIX TOMIÑO
986 622 001
omix@tomino.gal