Bolsas de posgrao no estranxeiro 2024

08 Nov 2023
A Fundación ”La Caixa” convoca 100 bolsas para cursar estudos de posgraduado (máster, doutoramento ou investigación predoctoral) cunha duración máxima de 24 meses. 
Estudos de posgraduado a cursar en calquera país dentro do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte (Estados Unidos e Canadá) e a rexión Asia-Pacífico (Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapura e China).
A convocatoria comprende todas as áreas de coñecemento, pero exclúense os programas de Master of Business Administration (MBA).
As bolsas están destinadas a estudos de máster ou doutoramento, que deben iniciarse coa bolsa. Tamén se aceptan as estancias de investigación predoctoral científica e técnica.
 
Datas:
Peche: 31 de xaneiro de 2024, ás 14 h.
Resultados de preselección e convocatoria de entrevistas: 12 de abril de 2024
Entrevistas de selección: 7, 8, 9, 14, 15 e 16 de maio de 2024
Resultado final: 23 de maio de 2024
 
Requisitos:
-Ter a nacionalidade española ou portuguesa.
-Acreditar un nivel avanzado do idioma no que se cursarán os estudos de destino.
-Dispoñer dun título de grao concedido por unha universidade española (candidatos españois) ou universidade portuguesa (candidatos portugueses). Os estudos de grao deben de finalizarse entre xaneiro de 2015 e xullo de 2024.
-Os candidatos/as que completasen estudos de grao no estranxeiro antes do inicio da bolsa non son elixibles.