Curso de monitor/a en actividades de tempo libre en Ribeira

07 Nov 2023
 
Organiza: Asociación Mar do Touro e Escola de Tempo Libre Illas Atlánticas.
 
Lugar de realización: en instalación da Escola de TL Illas Atlánticas en Ribeira.
 
Duración do curso:
Fase teórica: 200 horas
Fase práctica: 150 horas.
 
Horarios: de 09:00 – 14:00 e 16:00 – 21:00 h.
 
Datas presenciais do curso:
Novembro: 11, 18, 19 e 25
Decembro: 2, 16 e 17
Febreiro: 3, 17, 18 e 24
 
Formación Mixta: Haberá clases presenciais e clases online con horario flexible para auto-organización por parte do alumnado. Haberá videochamadas.
Equipo necesario para as sesións online:
Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.
 
Obxectivo:
Titular a maiores de idade (18 anos cumpridos) cunha titulación oficial homologada de monitor/a en actividades de tempo libre para poder traballar en actividades de tempo libre tales como campamentos, ludotecas, comedores escolares, festas infantís,…
 
Requisitos do alumnado:
Ser maior de 18 anos e acreditar, como mínimo ESO, FP1 ou equivalente.
 
Prezo:
250 €.
230 € se traes unha amizade.
 
Información e Preinscrición:
Escola de Tempo Libre Illas Atlánticas
Teléfono: 630 065 890