O Instituto Plurilingüe Rosalía de Castro convoca o VI Premio Stephen Hawking
O Premio Stephen Hawking contempla a realización de traballos orixinais de investigación (básica, aplicada) ou de divulgación, realizados por alumnos e alumnas de Bacharelato, relacionados co tema de carácter científico que se propoña para cada convocatoria.
Nesta VI edición, a figura de referencia será a catedrática de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Dra. Amparo Alonso Betanzos, sendo “INTELIXENCIAS” o lema elixido para o seu desenvolvemento.
Poderán tomar parte neste certame, de forma individual, ou en grupos de non máis de 4 estudantes, o alumnado que desenvolvese o seu proxecto investigador, no bacharelato, entre os cursos 2021-22; 22-23 e 23-24.
Os participantes deberán ser coordinados por un profesor ou profesora do centro ao que pertenzan, que realizará funcións de supervisión dos traballos, responsabilizándose da súa autoría orixinal.
O título do traballo e autoría deberán ser enviados con anterioridade ao 1 de Marzo de 2024.
Os traballos deberán ser enviados en formato dixital (pdf) á dirección de correo electrónico: premiostephenhawking@iesrosaliadecastro.org, indicando no asunto: “Premio de Investigación Stephen Hawking. 6a Edición”, antes do mércores, 20 de Marzo de 2024.
Os traballos de índole artística serán presentados no formato elixido polo autor/a.
Os aspectos mais salientables do traballo recolleranse nun póster que non deberá exceder o tamaño A0 (841 mm x 1189 mm), con orientación vertical. O título do póster deberá ser o mesmo que o do traballo presentado.
Ademais, deberán entregar un vídeo, non superior aos 3 minutos, onde fagan un breve percorrido polas motivacións, metodoloxía e conclusións do traballo realizado.
Premios:
· 1o Premio Stephen Hawking de Investigación Científica e Divulgación: 1500 euros
· 2o Premio Stephen Hawking de Investigación Científica e Divulgación: 4 x 400 euros
· 3o Premio Stephen Hawking de Investigación Científica e Divulgación: 6 x 200 euros
https://sites.google.com/iesrosaliadecastro.org/premiostephenhawking/intelixencias-2024