X edición do Concurso Grazas Profe

06 Nov 2023
 
Información
Coa vista posta no Día do Mestre en España, o 27 de novembro, a Fundación Iniciativa Social convoca a X edición do Concurso Grazas Profe. Este concurso ten o obxectivo de difundir a conciencia sobre o importante papel das persoas que se dedican á docencia no ámbito escolar e o seu impacto na convivencia e o desenvolvemento social. Aliñados co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030, Educación de calidade (ODS4), convócase o concurso para recoñecer o esforzo e dedicación do persoal docente e o seu importante labor na sociedade. 
O concurso ten un dobre contido: creación dun vídeo que se publicará en redes sociais (Facebook, Instagram), ou ben publicación dun post en redes (Facebook, Instagram).
O tema principal será recoller o agradecemento por parte do alumnado e a mocidade en xeral aos seus mestres e mestras. Tamén o seu impacto transformador en alumnado e contorna social.
 
Como participar?
Os participantes publicarán vídeo ou o post facendo mención e etiquetando aos perfís da campaña que se indican a continuación.
 
Instagram: @graciasprofe
Facebook: @graciasprofe27n
Valorarase o emprego do hashtag #graciasprofe no texto, aínda que non se considera imprescindible para a participación.
 
Ademais, requírese completar o formulario da web que supón a aceptación das bases do concurso. No caso dos menores de idade requirirase a inscrición dun titor legal maior de idade que responderá legalmente, particularmente da aceptación do uso público da imaxe dos menores de idade que aparezan.
 
Convoca
Graciasprofe e a Fundación Iniciativa Social. Colabora Deputación de Alacante
 
Requisitos
O concurso está dirixido a dous colectivos:
a) Mozos residentes en España en idades comprendidas entre os 14 e os 23 anos. No caso dos posts a participación presúmese que é individual.
b) Propostas realizadas por centros educativos e AMPAS radicadas en España, en cuxa realización participen mozos comprendidos entre os 14 e os 23 anos.
Dotación
Establécense dúas categorías cos seguintes premios:
A) Categoría Novas: 
Un premio de 250 € ao mellor vídeo.
Dous premios de 75 € aos mellores posts.
B) Categoría Centros escolares e AMPAS:
Dous premios de 250 € aos mellores vídeos.
Dous premios de 75 € aos mellores posts.
Ademais, obsequiarase cunha placa honorífica a cada gañador.
 
Más Información
 
Ligazóns