O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis con motivo da celebración da “LXIV Festa da Lamprea” que se atopa prevista para os días 26, 27 e 28 de abril de 2024.
Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para a “LXIV Festa da Lamprea” promovendo así a principal festa gastronómica do Municipio.
As propostas serán entregadas en soporte físico (papel, tela, tarxeta…) no que os participantes consideren acomodo e en tamaño mínimo A3, así como en soporto dixital á máxima resolución.
O prazo para a entrega das propostas de carteis estará aberto ata o día 10 de xaneiro de 2024
Establécense os seguintes premios:
1º Premio: 800 euros.
2º Premio: 400 euros.
3º Premios: 200 euros.
As persoas concursantes presentarán as súas obras no rexistro xeral do Concello de Arbo sito na Praza Consistorio nº 1. 36430 Arbo (Pontevedra) e poderán remitilas por facturación, correo ou mediante entrega en man, indicando na embalaxe “Concurso Cartel LXIV Festa da Lamprea”.
Para consultar as bases podes dirixirte á www.festadalamprea.gal ou no teléfono 986 66 50 00