O "Ayuntamiento de Mérida" convoca o concurso do cartel anunciador do "Carnaval Romano de Mérida 2024". O tema será libre, orixinal e naturalmente, dentro dos motivos característicos da actividade que se pretende anunciar. Debe conter a seguinte texto: "Carnaval Romano 2024. Mérida, del 9 al 13 de febrero". Ademais, hai que inserir o logo oficial e actualizado do Excmo. Concello de Mérida e unha alegoría de monumentos romanos.
As diferentes técnicas que se poden utilizar para a súa elaboración son as seguintes:
Técnica pictórica: Cartel a toda cor, vertical, evitando as purpurinas. As medidas serán de 70 cm x 50 cm (marxes incluídas), presentado nun soporte ríxido para a súa exposición, pero nunca enmarcado.
Deseño gráfico informático: Cartel a toda cor, vertical, no que se poderán utilizar elementos dixitais procedentes de bancos de imaxes utilizados de forma legal. Terá as dimensións de 70 cm x 50 cm (marxes incluídas) presentado en soporte ríxido para a súa exposición, pero nunca enmarcado. Xunto ao cartel impreso, incluirase o soporte informático correspondente.
Dotación
Primeiro premio: 800 €
Segundo premio: 200 €
O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de xaneiro de 2024.
Máis información
https://merida.es/
festejos@merida.es
Ayuntamiento de Mérida, Delegación de Festejos
Praza de España,1 - 06800 Mérida (Badajoz)