Convocatoria de relatos e ilustracións "Pecados Capitales"

30 Out 2023

A revista Dáliva convoca a autoras e autores de relatos e de ilustracións para o seu primerio número que se emitirá por medios dixitais.

Ira, gula, soberbia, luxuria, envexa, preguiza e cobiza… Os sete grandes males da humanidade, sete pecados que nos condenan a unha apocalipse inminente ou, polo menos, iso se leva dicindo durante séculos. Con todo, aquí seguimos, creando unha infinidade de historias a partir destes sete tópicos que reflicten con tanta facilidade as nosas debilidades. Debido á inspiración que nos xenera esta temática, escollémola como primeiro tema da nosa revista “Dáliva”. Consideramos que é un tópico bastante amplo do que poden xurdir centos de ideas, por iso animámosvos a explorar os pecados capitais desde calquera xénero, sen necesidade de que teñades que decantarvos por algún deles. Podedes centrarvos nun dos pecados capitais, en varios ou en todos á vez, mentres quede claro que o concepto impregna a historia, é suficiente.

As categorías serán dúas:
- Relato
Os traballos deberán presentar unha extensión entre 2.000 e 4.000 palabras e escritos en castelán. Deben ser inéditos, é dicir, non poden estar publicados noutras revistas ou antoloxías. Só se poderá entregar un único relato por autor, aínda que se permite participar á vez na categoría de ilustración.
- Ilustración
O estilo da ilustración é libre, así como a técnica empregada, a condición de que dita ilustración poida ser entregada dixitalmente. Está terminantemente prohibido o uso de Intelixencia Artificial e, de confirmarse que se utilizou, a ilustración quedará excluída da convocatoria. A ilustración terá formato vertical e tamaño A4. Os traballos non teñen por que ser inéditos, aínda que non deben ser publicados noutras revistas ou formatos similares. Si se permite que previamente fosen mostrados en redes sociais. Poderase enviar un máximo de tres ilustracións por autor.

Para a presentación dos traballos utilizarase o sistema de plica, para garantir a imparcialidade do xurado no proceso de valoración. Por tanto, deberanse enviar ao correo revistadaliva@gmail.com os seguintes arquivos:
O primeiro arquivo consistirá nun documento pdf. O nome do arquivo será o título do relato ou iutsración e no seu interior estará o relato ou ilustración, sen o nome do autor nin ningún elemento que facilite a súa identificación.
O segundo arquivo consistirá nun documento pdf. O nome do arquivo será “Plica” e no seu interior indicarase o nome completo do autor/a, o título do relato ou ilustración presentado e formas de contactar co/a autor/a (correo electrónico e/o redes sociais).

Requisitos
Poderá participar calquera persoa, sen restricións por nacionalidade, residencia, idade ou calquera outro motivo.

O prazo de presentación estará aberto ata o 30 de novembro de 2023.

Máis información
https://revistadaliva.blogspot.com/ 
https://revistadaliva.blogspot.com/