Voluntariado nunha granxa biodinámica en Róterdam

30 Out 2023

Envía a túa solicitude para este voluntariado que se desenvolverá entre abril e decembro de 2024. Neste proxecto os voluntarios realizarán actividades relacionadas co traballo agrícola en diferentes seccións: campos/xardíns ao aire libre e invernadoiros (cultivo de froitas, plantas, herbas e hortalizas), sección de lácteos (elaboración de produtos lácteos), sección gandería (manter o gando nos cortellos e ao redor da leira), restaurante (apoiar ao persoal de cociña e preparar o restaurante para xantares e eventos), tenda da granxa (apoiar ao persoal co pequeno supermercado no terreo da granxa). Estas actividades levaránse a cabo xunto con outros voluntarios e usuarios que enfrontan problemas psicolóxicos, psiquiátricos, persoais e profesionais. Os voluntarios traballan de luns a xoves e executan actividades operativas.

O voluntario terá dispoñible unha casa onde terá a súa propia habitación para durmir, outras instalacións son compartidas. A casa atópase nos terreos dunha granxa de cría de cabalos a 30-45 minutos en bicicleta da granxa onde se realizará o voluntariado. O voluntario recibirá unha asignación de comida e poderá comprar comida ou traer a comida propia. Ademais recibirá unha bicicleta. Todos os gastos pagos (transporte, aloxamento, gastos casa, comida, diñeiro peto, curso idiomas, seguro, formacións, apoio titor, etc...)

A formación será proporcionada pola axencia nacional: unha formación á chegada (5 días) e unha formación intermedia (2/3 días). Mentres traballas na granxa, aprenderás como executar as actividades.

Requisitos
Mozos de entre 18 e 30 anos, ciudadáns españois ou residentes legais en España con NIE válido para a duración do proxecto
Voluntarios motivados que estean interesados ​​na agricultura biodinámica e que traballen con persoas que necesitan apoio adicional. Aínda que a organización aprecia aos voluntarios que teñen unha formación académica en traballo social, salientan que os voluntarios só executan actividades operativas, traballando xunto cos usuarios que viven na finca ou que a visitan para traballar alí. É importante que aos voluntarios non lles importe traballar ao aire libre, mesmo cando as circunstancias climáticas non sexan as ideais.

Máis información
https://www.yeseuropa.org/