Voluntariado en medio ambiente e patrimonio cultural en Italia

30 Out 2023

Queres realizar actividades na natureza durante todo o ano e non tes medo de traballar coas mans e ensucialas? Estás listo para cultivar, colleitar e cociñar alimentos para a comunidade? Paréceche ben vivir nunha zona remota, lonxe das grandes cidades? Queres aprender e ver cousas novas? Envía a túa solicitude para este voluntariado que se desenvolverá entre febreiro e decembro de 2024.

A organización de acollida é unha ONG do pequeno pobo de Tramonti na zona rural e montañosa da costa de Amalfi, (preto de Nápoles) que traballa pola rexeneración do medio ambiente local e o patrimonio cultural local. O proxecto incluirá edificación natural e permacultura. Serás parte desta comunidade, construirás edificios naturais, apoiarás aos agricultores familiares locais en Tramonti (conservación de alimentos, tradicións alimentarias) e realizarás traballo con madeira, limpeza de carreiros e máis, xestión de contas de redes sociais, ensino do inglés e redacción de textos, e talleres de sustentabilidade para a reciclaxe e a reutilización. Permanecerás de 6 a 8 meses na comunidade en Tramonti e coñecerás actividades locais e proxectos ambientais e aprenderás a participar neles.

O aloxamento realizarase nun apartamento compartido con outros mozos en Tramonti. As habitacións son compartidas. Este apartamento estará a unha distancia razoable da oficina e os lugares de traballo. Proporcionaranse todos os mobles e obxectos básicos. Establécense unhas normas para o aloxamento e a organización espera que os voluntarios as respecten. Os alimentos faranse en parte mediante subministración e en parte mediante orzamento alimentario. Todos os gastos pagos (transporte, aloxamento, gastos casa, comida, diñeiro peto, curso idiomas, seguro, formacións, apoio titor, etc...)

Os participantes terán formación que incluirá unha introdución ás tarefas, proxectos e responsabilidades que emprenden. A variedade de actividades durante o ano permitirá aos participantes experimentar máis actividades en lugar de ter que realizar tarefas repetitivas durante o tempo do voluntariado. Organizarase un plan de aprendizaxe persoal para o voluntario que estrá acompañado polo seu supervisor/mentor. Outras oportunidades de formación específicas dependerán das responsabilidades do participante.

Requisitos
Mozos de entre 18 e 30 anos, ciudadáns españois ou residentes legais en España con NIE válido para a duración do proxecto.

Máis información
https://www.yeseuropa.org/