A empresa Yamaha, unha das grandes fabricantes de instrumentos musicais do mundo, convoca a través da súa fundación (Yamaha Music Europe Foundation - YMEF) o programa de bolsas correspondente ao curso 2023/2024. Esta iniciativa, que cumpre xa a súa 34ª edición, naceu co obxectivo de “contribuír ao desenvolvemento e preservación da cultura musical”. Ademais, a entidade específica: “o noso programa de bolsas está deseñado para facer que o longo e arduo camiño dos estudantes de música cara ao éxito sexa un pouco máis fácil”.
A disciplina escollida para esta convocatoria é o Piano. A entidade explica que “serán outorgadas un total de 47 bolsas en 31 países europeos” e cada persoa debe presentarse segundo as normas e condicións do seu país. Todas as persoas interesadas en solicitar esta bolsa deberán encher o formulario de inscrición e seguir os pasos correspondentes: gravar e enviar (vía wetransfer), en arquivos separados, dúas obras en formato de vídeo (.mp4).
Requisitos
- Mozos menores de 26 anos en marzo de 2024
- Estudantes en formación de Piano
Dotación
2.000 euros
A data límite para enviar as candidaturas finaliza o 30 de novembro de 2023.
Máis información
https://es.yamaha.com/
yamaha-iberica-smb@music.yamaha.com
Yamaha Music Europe GmbH Iberica, Sucursal Ibérica
Ctra.da Coruña Km. 17,200, 28231; Las Rozas (Madrid)