Elixe o teu destino, busca que desconto de transporte e aloxamento vai máis contigo e deseña unha viaxe arrepiante por España ou por Europa.
Desfruta do Samaín en Valencia con Mundomar! Pasaxes do terror dentro do parque de animais, pintacaras, globoflexia, animación e un show totalmente novo que farán da túa visita un día inesquecible cun 30% de desconto na entrada. Valo a perder?
O mellor Scream Park de Europa está en Barcelona: non te perdas en Horrorland! O parque l’Illa Fantasia, a só 15 minutos de Barcelona, alberga o evento Horrorland con novas experiencias e renovados espectáculos para celebrar o seu V aniversario. Se es amante desta época do ano, este é o lugar onde os teus pesadelos se farán realidade!
Se prefires un plan máis tranquilo pola zona, podes acudir tamén ao Festival de Cinema de Terror en Molins de Rei, ou unha experiencia de rol no Poble Espanyol, un pobo encantado por unha malvada bruxa que necesita salvarse da maldición, apúntaste?
Ou prefires unha inmersión terrorífica por Santander? Acode a este scape room e resolve unha importante misión en “Lo Maligno”. Un asasino en serie anda solto e deberás extremar as túas precaucións para non ser unha máis das súas vítimas… Ve cun grupo de ata 7 persoas e atrápao nesta experiencia de inmersión! Reserva en www.salalaclave.es e atento porque se celebrará en rúa Miguel de Unamuno s/n, fóra do seu local habitual.
Sevilla espérate: o Parque Isla Máxica está repleto de actividades de Halloween! Goza do 35% de desconto en entradas para o día completo comprando as entradas a través da web https://colectivos.islamagica.es/ e introducindo o código JOVEN35 ao finalizar a compra. IMPORTANTE: é necesario acudir ao parque coa entrada impresa ou presentándoa no móbil, e acreditarse co Carné Xove.
E se queres coñecer en profundidade os recunchos máis máxicos da Península, coñece o pobo de Brujas en Granda. Un enclave cunha tradición asombrosa en feiticeiras e bruxos.
Se estás por Madrid… apúntate á Halloween Run! O 1 de novembro celébrase a II edición da carreira de obstáculos máis divertida para estas datas. Nun ambiente festivo terás que superar todas as súas probas, e poderás optar ao premio para os mellores disfraces! Inscríbete ata o 30 de outubro na súa web e goza do desconto co teu Carné Xove.
Queres pasar Halloween no medio dun parque natural? Vente a Navarra! O Parque Natural de Sendaviva ten un 10% de desconto permanente co Carné Xove Europeo, pero a noite de Halloween convértese nun tenebroso lugar coas Sendaviva Horror Nights. Escolle o día que mellor que che veña e goza desta noite no medio da natureza.
E se queres un plan por Europa...
Aquí tes unha lista de destinos, aloxamentos e plans para que deseñedes unha viaxe terroríficamente divertido.
Comezamos pola cidade de Praga, na República Checa. Praga é a capital gótica de Europa por excelencia. Nela poderaste perder polas súas rúas medievais e a súa impresionante arquitectura. Camiñando polas súas rúas poderás atopar o antigo cemiterio xudeu, o Museo da Tortura ou o Osario de Sedlec. E se queres, co teu Carné Xove poderás pararte a descansar no Hard Rock Café e gozar dun desconto especial!
O segundo destino que che recomendamos visitar estas festas é Edimburgo, Escocia. Cunha cultura que afunde as súas raíces no antigo festival celta de Samhain, unha tradición que aínda se conserva en moitas zonas de Escocia, a cidade de Edimburgo envolverate nas súas bóvedas e castelos, sendo un dos mellores destinos onde celebrar Halloween. Como guinda especial deste tenebroso viaxe, non poderás desaproveitar a oportunidade de ir ao Edinburg Dungeon (Alxube de Edimburgo) e gozar do desconto especial que che ofrece o Carné Xove para que te mergulles nunha experiencia 360º! Ademais, mentres percorras as súas rúas poderás parar a cear no restaurante Vapiano e gozar dun 15% de desconto no que pidas!
Chega o momento de presentar a cidade que cada ano comeza as súas celebracións de Halloween moito antes que calquera outro lugar: Ostende, en Bélxica! Se queres adiantar as túas vacacións ou atrasalas da data oficial, este é o teu destino! Xa desde comezos de outubro as súas rúas énchense de multitude de decoracións, eventos e criaturas aterradoras. Pero é a mesma noite de Halloween na que a cidade converte a súa actividade nunha homenaxe ao mago Houdini coa Noite da Maxia no Kursaal. Non o podes perder!
Pero tamén che recomendamos que che achegues a coñecer o resto de cidades belgas. Co Carné Xove Europeo poderás obter o teu desconto e coñecer o Museo Belvue e coñecer o pasado tan rico deste país. Tamén poderás unirte á excursión do Quasiomodo Worl War Daytrip e viaxar de forma gratuíta de Ypres a Bruxas só presentando o teu Carné Xove Europeo.
Por último, non poderiamos acabar este post sen recomendarche pasar o Samaín no fogar que viu nacer ao conde Drácula… Transilvania! Esta cidade romanesa atópase nunha das mellores rexións do país, contando cunha impresionante colección de cidadelas, castelos, cidades antigas e prazas encantadoras! Pénsao dúas veces antes de rexeitar a súa visita…
Outros descontos que deberías coñecer…
E non acaban aquí as boas noticias. Traémosvos máis descontos en transportes para que poidades chegar ao voso destino favorito na semana do Samaín. O Carné xove Europeo é a túa solución! Podes escoller calquera destes destinos europeos e aproveitar o desconto en Flixbus para chegar alí. Ou se o prefires, poderás alugar tamén un coche con Sixt ou con Europcar.
Tamén poderás explorar os descontos que existen en Hotelius Club ou en Hoteles.com e completar unha fantástica viaxe!