EU Academy é un portal de aprendizaxe en liña propiedade da Unión Europea. Nel pódese atopar todo tipo de contidos multimedia de primeira man, recursos educativos de alta calidade e coñecementos de alto valor. Todos os contidos están elaborados directamente polas institucións comunitarias.
O obxectivo da plataforma é facilitar unha comprensión sinxela e fluida das políticas europeas nunha variedade de eidos, así como a súa implementación. EU Academy procura proporcionar un entorno de apredizaxe moderno e atractivo que fomente e mellore a calidade do coñecemento sobre asuntos da Unión dun xeito simple, intelixente e innovador.
Os contidos de EU Academy atópanse nunha variedade de formatos multimedia: podcasts, cursos ou comunidades sobre un tema en concreto e de xeito gratuíto. Ademais, están dispoñibles comunidades e contidos para aprender 27 linguas: as 24 oficiais na Unión máis o islandés, macedonio e turco.
Accede a EU Academy premendo na ligazón de abaixo!