Un ano máis, o Premio de Arte Bodega ENATE convócase co obxectivo de apoiar a artistas non consagrados cunha traxectoria contrastable e maiores de 18 anos. As obras, que deberán ser inéditas e de temática e técnica libre, terán que ter unha medida non inferior a 100 cm, nin superior a 180 cm en todos os seus lados.
Coas 40 obras finalistas e outras seleccionadas polo xurado, realizarase unha exposición na Sala de Arte de ENATE, entre febreiro e o 30 de abril de 2024, aberta de luns a sábado, nos horarios de visita á adega.
Outorgarase un único premio de 12.000 € e ademáis o gañador recibirá 24 botellas do viño seleccionado por Bodega ENATE etiquetadas coa obra gañadora.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 14 de xaneiro de 2024.
Máis información
https://www.enate.es/
Bases
Inscrición