XXXIV Premio Luis Landero de narracións curtas

23 Out 2023

O I.E.S. Castillo de Luna (Badajoz, Estremadura) convoca o XXXIV Premio Luis Landero de narracións curtas. Só se admitira un máximo de cinco relatos por centro educativo para cada categoría (cinco para a categoría infantil e cinco para a categoría xeral).

O tema será libre e as narracións non excederán de dez páxinas escritas a unha cara con interliñado dobre e tipo de letra Times New Roman, tamaño de 12 puntos. Só se admitirán narracións orixinais non premiadas noutros concursos e non presentadas simultaneamente a outros certames. Os traballos estarán avalados por un profesor pertencente ao mesmo centro que o alumno, e que dea fe de que o alumno é o autor dos devanditos textos.

A presentación será exclusivamente por correo electrónico a premiolandero@educarex.es . No asunto figurará o título do relato e a categoría (INFANTIL ou XERAL).

Requisitos
Poden participar os alumnos matriculados en centros de secundaria de todo o Estado Español e de países hispanoamericanos, sempre que non superen os 21 anos de idade.

Dotación
Establécese un primeiro premio de 600 euros e dous accésits de 300 euros cada un, placa e publicación por parte do Plan de Fomento de la Lectura (Junta de Extremadura). Un dos accésits pertencerá á categoría infantil (1º e 2º de ESO).

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 19 de xaneiro de 2024 ás 23:59 horas.

Máis información
https://educarex.es/ 
Bases 
premiolandero@educarex.es