III Certame Internacional de Arte Dixital – ‘From micro to macro and back!’

11 Out 2023

SMTH TECNOLOXÍA CREATIVA S.L. compañía especializada en novas tecnoloxías e experiencias dixitais en colaboración coa asociación sen ánimo de lucro MMMAD Festival convocan o terceiro certame internacional de arte dixital para as pantallas de SMTH nos centros comerciais Plenilunio (Madrid), La Torre Outlet (Zaragoza), Miramar (Málaga), Fan Mallorca (Palma de Mallorca) e Max Center (Bilbao).

Poderán participar cos seus traballos artistas maiores de 18 anos, de calquera nacionalidade e desde calquera país, sen máis requisito que a achega dunha obra propia, garantindo que non vulnera os dereitos de terceiros e sobre a que dispón de todos os dereitos para a súa cesión a favor das entidades convocantes en caso de ser seleccionadas. Admitiranse obras realizadas por máis dunha persoa (conxuntos ou colectivos artísticos), nese caso o premio será compartido entre os membros do devandito grupo. Cada artista poderá presentar tantas obras como desexe sempre que sigan o tema da convocatoria, aínda que o xurado só poderá seleccionar como gañadora unha obra por artista.

Un xurado de expertos composto pola comisaria mexicana Ana Drucker, o artista brasileiro Gabriel Massan e o artista suízo Dirk Koy seleccionarán as cinco mellores obras, que recibirán un premio de 1.500,00€ e serán expostas nas pantallas dos centros comerciais do 11 de xaneiro ao 11 de abril de 2024.

A convocatoria estará aberta ata o 27 de novembro de 2023.

Máis información
https://smth.es/ 
Inscrición