Voluntariado fomentando a mobilidade internacional en Alençon, Francia

09 Out 2023
8 meses de voluntariado fomentando a mobilidade internacional en Alençon, Francia
 
A organización de acollida busca un voluntario/a para promover a mobilidade internacional! Fundada hai 20 anos, un dos obxectivos da asociación é informar os/as mozos/as sobre as diversas oportunidades de mobilidade local e internacional. (Servizo Cívico, CES, Intercambios Xuvenís etc.)/ etc.)
O proxecto está relacionado coa comunicación e a creatividade local e internacional. O/a voluntario/a participará durante eventos, escolas e visitas rexionais para promover a mobilidade internacional. 
Ademais, queremos que recomenden talleres e diferentes actividades para mellorar o nivel do idioma dos habitantes. O/a voluntario/a debe crear novas actividades, organizar talleres, compartir información sobre mobilidade e oportunidades nas redes sociais e xogos sobre mobilidade internacional para os habitantes.
 
ALOXAMENTO, MANUTENCIÓN E TRANSPORTE
O/a voluntario/a terá aloxamento . Ademais, recibirá 180 euros para gastos de peto e 210 euros para gastos de comida e dispoñerá dunha bicicleta para o seu transporte (só hai 10 minutos entre o centro social e o aloxamento).
 
FORMACIÓN DURANTE A ACTIVIDADE
O/a voluntario/a mellorará a súa información sobre mobilidade internacional e Servizo Cívico. Haberá acceso ao sistema OLS para mellorar o idioma francés se é necesario
Todos os gastos pagos (transporte, aloxamento, gastos casa, comida, diñeiro peto, curso idiomas, seguro, formacións, apoio titor etc...)
 
PERSOAS DESTINATARIAS
Perfil: 18-30 anos, ciudadan@s español@s ou residentes legais en España con NIE válido para a duración do proxecto
Búscase un voluntario/a de mente aberta, creativo, responsable, motivado e con boas habilidades comunicativas.
O voluntario debe poder comunicarse cun público de entre 16 e 30 anos.
O voluntario deberá preparar talleres e actividades diversas para fomentar a mobilidade, deseñar os carteis dos eventos e mellorar o nivel de inglés dos residentes.
El/oa debería poder utilizar ben as redes sociais.
 
DATAS: 07/11/2023 ata 15/07/2024
 
Máis información: