O Concello de Santiago lanza o ciclo de actividades formativas 'Compostela Móvese 2023'
O obxectivo principal do programa de dinamización económica "Compostela Móvese 2023" é mellorar o grao de coñecemento, subsanando carencias e ofrecendo actualizacións en materias útiles para os procesos de xestión empresarial e laboral.
Nestas accións poden participar tanto persoas en activo como en situación de desemprego, e non suporán ningún custe para as persoas participantes.
As actividades están agrupadas en 6 grandes áreas temáticas e inclúen cursos de teleformación de 15 horas de duración, pílulas autoformativas de 4 horas de duración e na modalidade en liña, obradoiros prácticos e encontros informais na modalidade presencial. En total 418 horas e 58 accións.
As 58 accións están divididas en 6 grandes áreas formativas:
- Xestión empresarial: actualización lexislativa e dixitalización (13 accións)
- Xestión económico-financieira an empresa (8 accións)
- Comercialización e marketing (12 accións)
- Incorporación da perspectiva de xénero na empresa (10 accións)
- Xestión de persoas (11 accións)
- Patrimonio cultural galego e economía prateada como novas oportunidades de mercado (4 accións)
Na web de Compostela Móvese 2023 pódese consultar a información e facer as inscricións nestas accións formativas: https://sites.google.com/view/compostelamovese23/?pli=1