Concurso de Microrrelatos

29 Set 2023

A Asociación Cinco Palabras, desde o seu nacemento en 2013, pon ao dispor do público o xogo literario de microrrelatos de Cinco Palabras. Cada semana publicábanse na súa páxina web cinco palabras regaladas por algunha personalidade relevante para a Asociación para que os escritores solidarios escriban os seus relatos segundo as seguintes regras:
1.Incluír as cinco palabras publicadas semanalmente a través da web mantendo a orde en que se ofreceron e sen modificar xénero nin número.
2.Extensión máxima: 100 palabras
3.Idioma: español

Este xogo literario foi unha ferramenta para dar difusión, non só aos propios escritores e os seus relatos, senón tamén ás causas mensuais coas que a Asociación estivo colaborando.
En marzo de 2023 a Asociación Cinco Palabras transfórmase na Fundación Five Words, que pretende dar continuidade ao labor realizado pola Asociación nos seus 10 anos de vida, mantendo a súa Misión de “Facer un mundo máis digno a través da arte”. En coherencia con este obxectivo a Fundación pon en marcha este concurso de microrrelatos, para fomentar a escritura e promocionar aos escritores que, á súa vez, cos seus relatos, axudarán á difusión das causas solidarias mensuais da Fundación. O Concurso manterá as regras do xogo literario antes detalladas e constará de dúas fases: mensual e final.

O premio está dotado con 5000 euros, distribuídos da seguinte forma:
2000 euros en metálico para o gañador,
3000 euros para a causa solidaria que o gañador elixa.

A primeira edición deste Concurso dará comezo o día 1 de abril de 2023 e finalizará ás 23.59 horas do 29 de febreiro de 2024 (hora peninsular española).

Máis información
https://fundacioncincopalabras.org/ 
Bases 
https://cincopalabras.com/