X Premio Eurostars Madrid Tower de Fotografía 2023

28 Set 2023

Eurostars Hotel Company convida a cidadáns e visitantes a participar no X Premio Eurostars Madrid Tower de Fotografía 2023. O gañador do certame será o autor da fotografía que, a criterio do xurado, constitúa a mellor imaxe sobre o tema "Madrid: Lugares con encanto". É ben coñecido que Madrid é unha capital aberta, hospitalaria, e rebosante de actividade. A pesar de ser a segunda cidade máis poboada da Unión Europea; entre as súas longas avenidas e eventos multitudinarios escóndense gran cantidade de lugares con encanto. Prazas, mercados, xardíns, monumentos e moitos outros recunchos acolledores da capital non só achegan beleza e descanso a madrileños e visitantes. Tamén son obxectivos de luxo para os amantes da fotografía. Nesta edición animamos a afeccionados e profesionais a buscar eses lugares para retratar o encanto de Madrid cunha mirada innovadora.

Para participar deberán encher cos seus datos o formulario desta páxina web, e completalo subindo un máximo de tres fotografas por persoa. Cada arquivo non debe superar os 6 MB.

Requisitos
Os autores deberán ser maiores de 18 anos, de calquera nacionalidade. Non poderán participar traballadores de Grupo Hotusa, ao que pertence a cadea Eurostars Hotel Company, nin os seus familiares directos.

Dotación
Primeiro premio 2.500 € e un trofeo.
Premio Grupo Hotusa 1.000 € e un trofeo.
O certame tamén entregará accésits consistentes en senllos trofeos e 8 estancias gratuítas nos hoteis Eurostars Hotel Company da súa elección.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 22 de xaneiro de 2024.

Máis información
https://www.eurostarscultura.com/ 
Inscrición 
Bases