Mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero

27 Set 2023
Subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero
 
Poderán ser beneficiarias das subvencións as mulleres vítimas de violencia de xénero que:
- Acrediten a súa situación por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. En todo caso, a documentación acreditativa da situación de violencia de xénero debe estar emitida no prazo dos 24 meses anteriores ao cambio de residencia. Para os efectos desta resolución tamén terán a condición de vítima de violencia de xénero as mulleres que padeceran violencia vicaria ou violencia por interposita persona.
- Que cesasen a relación de convivencia co seu agresor.
- Que a media dos ingresos brutos mensuais da solicitante non supere o límite do importe de 3,5 veces o IPREM vixente nos 6 meses anteriores á data de presentación da solicitude. Unicamente se terán en conta as rendas ou ingresos de que dispoña ou poida dispoñer a solicitante da axuda, sen que se computen para estes efectos as rendas ou ingresos doutros membros da unidade familiar que convivan coa vítima.
 
Serán subvencionables:
-Gastos de desprazamento. 
-Gastos de transporte de mobiliario e enxoval.
-Gastos de aloxamento.
-Gastos de escolas infantís e de atención a persoas dependentes. 
 
Prazo ata o 30 de novembro de 2023
 
 
Secretaría Xeral da Igualdade
Teléfonos 981 54 53 61 / 981 95 72 68
Enderezo electrónico vx.igualdade@xunta.gal
Publicación: DOG 06/09/2023
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento SI451B