A "Fundación Abogados de Atocha" celebra, un ano máis, o "Certamen Internacional de Relatos Cortos" en memoria de Miguel Sarabia e Enrique Valdelvira. Este evento, que xa vai pola súa VIII edición, denomínase "Premio Internacional de Narrativa Joven Avogados de Atocha".
Deberán ser contos ou relatos orixinais, escritos en lingua castelá, que non fosen premiados con anterioridade en ningún outro certame. Cada participante poderá presentar un só conto.
O tema será de libre elección do/da concursante, pero deberá ter relación cos valores de xustiza, solidariedade, igualdade e/ou liberdade propios dos Abogados de Atocha.
Os relatos presentaranse mediante correo electrónico, baixo o sistema de plica, á seguinte dirección: abogadosatocha@usmr.ccoo.es
Requisitos
Poderán participar neste certame persoas de ata 35 anos (cumpridos durante o ano 2023) de calquera nacionalidade.
Dotación
Primeiro: 500 euros
Segundo: 300 euros
Terceiro: 150 euros
O prazo de admisión dos contos finalizará o día 10 de decembro de 2023 ás 23:59 horas (hora española).
Máis Información https://fundacionabogadosdeatocha.es/