A Fundación Barrié organiza o VI Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) co obxectivo de fomentar no alumnado de ESO e Bacharelato o desenvolvemento das habilidades argumentativas e o pensamento crítico necesario para o éxito académico e profesional.
O TDAG diríxese ao alumnado de ESO e Bacharelato dos centros educativos (públicos, concertados e privados) de Galicia. Os equipos poderán estar formados por un mínimo de catro e un máximo de cinco participantes.
Categorías:
1ª categoría: 1º, 2º e 3º de ESO.
2ª categoría: 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.
A competición realizarase na sede da Coruña da Fundación Barrié. Cantón Grande, 9. Previo ao desenvolvemento da competición, impartiranse sesións de formación en oratoria e en iniciación ao debate académico.
Datas:
Preinscrición: do 7 de setembro ao 6 de outubro de 2023
Inscrición: do 9 ao 20 de outubro de 2023
Sesións de formación en liña: do 23 de outubro ao 10 de novembro de 2023
Competición: do 22 de xaneiro ao 2 de febreiro 2024 mañá e tarde
Final: venres 2 de febreiro de 2024 en horario de tarde
Actividade gratuíta. Prazas limitadas