Joventuts Musicals de Barcelona convoca o 44º Concurso de novos compositores Frederic Mompou. As obras serán inéditas. Non serían interpretadas, publicadas ou difundidas anteriormente en ningún tipo de formato.
A formación para este ano será para:
Dúo de violíns
O estilo, a escritura e a estrutura da obra son completamente libres. A duración aconsellada é de 10 a 18 minutos.
Como enviar as partituras:
A) Enviar a partitura en 1 arquivo PDF. O nome deste arquivo será o título da obra.
B) Enviar 1 arquivo PDF coa folla de inscrición, pasaporte ou DNI e un breve currículo. O nome deste segundo arquivo será o pseudónimo.
Os arquivos A) e B) deberán enviarse comprimidos (RAR ou ZIP, nun só arquivo) por WeTransfer a mompouaward@jmbarcelona.com
Requisitos
Poderá participar neste concurso calquera compositor cuxa idade non supere os 35 anos o día 31 de decembro do 2023.
Dotación
O Premio Internacional Frederic Mompou consta para esta edición de:
Un premio de 4.000€. Esta cantidade está sometida á fiscalidade do territorio español.
A estrea da obra nos concertos da Xarxa de Músiques a Catalunya ou noutros concertos organizados por Joventuts Musicals. Realizarase tamén unha gravación da obra que quedará ao dispor do gañador e que se divulgará polas redes sociais.
Data límite de envío: sábado 14 de outubro de 2023, incluído.
Máis información
https://concursfredericmompou.cat/
jmb@jmbarcelona.com