Bolsa de formación en materia de promoción e defensa da competencia

21 Set 2023

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia convoca unha bolsa de formación en materia de promoción e defensa da competencia.

Requisitos da persoa beneficiaria
- Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
- Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao, en dereito, en económicas ou administración e dirección de empresas.

O importe da bolsa é de de 1.100 € brutos por mes ata un máximo de 4 meses.
A formación terá lugar nas dependencias da oficina da Comisión Galega da Competencia en Santiago de Compostela.

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica en https://sede.xunta.gal co código CO400F
O prazo para presentrar solicitudes estará aberto ata o 19 de outubro de 2023.
Máis información no Instituto Galego do Consumo e da Competencia, https://consumo.xunta.gal e no teléfono 981 95 75 61