Bolsas GLOBAL TRAINING: Bolsas para realizar prácticas no estranxeiro
CONVOCANTE
SPRI-Axencia Vasca de Desenvolvemento Empresarial
DESTINATARIOS
Titulación universitaria superior de grao ou formación profesional de grao superior obtida con anterioridade á finalización do proceso selectivo.
Contar cun nivel de inglés B1 (para Formación Profesional de Grao Superior) e nivel B2 (para titulados Universitarios).
Valoraranse tamén os teus coñecementos do idioma do país de destino.
Non ter cumpridos 30 anos o 1 de xaneiro do ano da convocatoria.
Ter veciñanza administrativa na Comunidade Autónoma do País Vasco con antigüidade superior aos 12 meses inmediatamente anteriores á apertura de prazo de presentación de solicitudes, ou de 5 anos continuados ao longo dos 10 anos inmediatamente anteriores.
Non ser beneficiario ou beneficiaria de ningunha outra axuda ou bolsa dirixida a titulados e tituladas universitarias que teña un obxecto formativo similar e que, no seu itinerario, posibilitasen realizar prácticas no exterior de duración igual ou superior a 6 meses en empresas ou organismos internacionais.
Adecuarse ao perfil requirido pola empresa ou organismo no que realizarás as prácticas.
MÁIS INFORMACIÓN
Global Training oferta 500 prazas para adquirir unha experiencia única no estranxeiro.
As prácticas para realizar constan dunha duración mínima de 6 meses, podendo estenderse ata 12 meses.
Impártense 40-60 horas de formación previa.
Dotación de 1.635€ ao mes durante 6 meses.
LIGAZÓNS EXTERNAS: