VI Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno

15 Set 2023

O Concello de Pontevedra convcoa o VI Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno

Poderán participar no VI Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno, calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega e cunha extensión máxima de 250.000 caracteres.

Os orixinais presentaranse en formato PDF, gravados nunha memoria externa, maquetados en formato DIN-A4, en letra Times ou semellante de corpo 12 e a dobre espazo. Irán acompañados dun sobre fechado que conterá a identidade de persoa autora (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior «V Premio de literatura Xuvenil María Victoria Moreno» e o título ou lema da mesma.

A obra gañadora será premiada coa publicación do libro e coa cantidade de 4.000 €

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de outubro de 2023.
Máis información no BOP de Pontevedra do 15 de setembro de 2023