Bolsas en prevención de riscos laborais

15 Set 2023

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo convoca 12 bolsas de investigación, desenvolvemento e innovación para titulados/as superiores universitarios/as, en materias e técnicas propias da prevención de riscos laborais:
- 2 bolsas para o Centro Nacional de Novas Tecnoloxías de Madrid
- 3 bolsas para o Centro Nacional de Medios de Protección de Sevilla
- 3 bolsas para o Centro Nacional de Condicións de Traballo de Barcelona
- 4 bolsas para o Centro Nacional de Verificación de Maquinaria de Baracaldo

A contía individual de cada bolsa será de 1.500 euros mensuais. As bolsas concederanse por un período de doce mensualidades.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 6 de outubro de 2023
Máis información no BOE do 15 de setembro de 2023