Organizacións xuvenís en cooperación co Consello de Europa

15 Set 2023
Convocatoria para organizacións xuvenís para a súa cooperación co Consello de Europa
 
Período de inscrición aberto ata o 15 de outubro de 2023
 
O Departamento de Mocidade do Consello de Europa convida a organizacións xuvenís non gobernamentais e redes involucradas en áreas de traballo xuvenil a presentar solicitudes para actividades que levarán a cabo en cooperación cos Centros xuvenís europeos en Estrasburgo e Budapest (sesións de estudo, segundo semestre de 2024).
As sesións son eventos xuvenís internacionais que duran entre 4 e 8 días e que reúnen a membros de organizacións ou redes xuvenís e expertos para debater sobre un tema específico relevante para as prioridades 2022-2025 do sector xuvenil do Consello de Europa.
 
A data límite de presentación de solicitudes é o 15 de Outubro.