O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 convoca os Premios Activistas polo futuro: unha España mellor coa Axenda 2030
Convócanse os Premios Activistas polo futuro: unha España mellor coa Axenda 2030 para o recoñecemento de actuacións e boas prácticas para a aplicación da Axenda 2030 correspondente ao ano 2023.
A finalidade dos premios é a de estimular e recoñecer a traxectoria, dedicación e contribución de iniciativas e prácticas de entidades sociais, académicas e da economía social á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 en España e no mundo.
Concederanse dous premios en cada unha das categorías recollidas nas bases reguladoras de concesión dos premios:
a) Pobreza e desigualdades en todas as súas formas: Recoñecemento ás iniciativas que promoven a erradicación da pobreza e a redución das desigualdades en todas as súas formas.
b) Transición ecolóxica xusta: Recoñecemento ás iniciativas que impulsan procesos de cambio social, así como no modelo produtivo para lograr un desenvolvemento sostible.
c) Brecha de xéneros e discriminación cero: recoñecemento ás iniciativas dirixidas a remover as barreiras estruturais que orixinan discriminacións e desigualdades para garantir a igualdade de xénero e unha vida libre de violencia e discriminación.
d) Territorios sostibles: Recoñecemento ás iniciativas dirixidas a garantir un medio rural con iguais dereitos e oportunidades.
A solicitude de participación na convocatoria deberá formalizarse no modelo que figura no anexo I desta resolución, o cal está dispoñible na sede electrónica do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, do mesmo xeito que os outros anexos que se citan nesta resolución.
Prazo de inscrición ata o 28 de setembro de 2023
Requisitos
Os Premios Activistas polo futuro: unha España mellor coa Axenda 2030 para o recoñecemento de actuacións e boas prácticas para a aplicación da Axenda 2030 están dirixidos a entidades sociais sen fins lucrativos legalmente constituídas e rexistradas, universidades creadas conforme á Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario, así como as entidades que integran a economía social segundo o disposto pola Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social.
Dotación
Por cada categoría concederanse dous premios con achega en metálico, distribuídos da seguinte maneira:
a) Un primeiro premio que terá unha dotación 30.000 € cada un.
b) Un segundo premio que terá unha dotación de 20.000 € cada un.