Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais

15 Set 2023

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) selecciona persoas e entidades participantes no Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais.

O obxectivo principal da aceleradora cultural de proxectos musicais é iniciar un proceso de vertebración sectorial, poñendo á disposición das persoas seleccionadas ferramentas que lles permitan desenvolver a súa carreira co fin de:
- Acelerar o crecemento do tecido empresarial e profesional das industrias culturais no ámbito musical.
- Definir e analizar as prioridades e necesidades dos proxectos musicais emprendedores.
- Formar, titorizar e mentorizar a artistas emerxentes con proxectos musicais.
- Fomentar e consolidar a carreira profesional de artistas emerxentes co fin de acadar unha presenza notoria nos mercados nacionais e internacionais.
- Favorecer as sinerxías entre diferentes artistas, coa industria musical e con outros sectores da economía.
- Mellorar o acceso ao mercado e ao financiamento dos proxectos musicais.
- Garantir o cumprimento e respecto ao principio de DNSH (Do no significant harm).

As persoas beneficiarias deberán:
- Ter a condición de empresa no ámbito musical con menos de seis anos de antigüidade e desenvolver a súa actividade profesional e/ou empresarial de forma habitual e maioritariamente en Galicia.
- Desenvolver un proxecto musical que non leve máis de 6 anos no mercado da música.
- Estar dadas de alta nas epígrafes do IAE 032 (intérpretes de instrumentos musicais) ou 033 (actividades relacionadas coa música, cantantes).
- Realizar o seu traballo habitual e maioritariamente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código CT402H
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 16 de outubro de 2023
Máis información en http://agadic.gal e nos teléfonos 881 996 077 e 881 996 078.