Bolsas para universitarios/as que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios

14 Set 2023

A Xunta de Galicia convoca bolsas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2023/24 en programas de intercambio con países extracomunitarios, realizados fóra de ámbito do programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2023/24.
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.700 euros para intercambios realizados en Europa e de 2.500 euros para o resto do mundo.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED441B
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de outubro de 2023.
Máis información no DOG do 14 de setembro de 2023 e en www.edu.xunta.es