O Concello de Negreira convoca o XII Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, unha iniciativa que busca promover e fomentar a lingua galega e conmemorar ao escritor galego.
Requisitos
Poderán concorrer todas as persoas que o desexen.
Os traballos deberán ser orixinais, inéditos e non ter sido premiados con anterioridade en calquera outro concurso ou certame.
Os traballos estarán escritos en lingua galega e terán unha extensión mínima de 350 versos e máxima de 700, escrito con tipografía de imprenta (tipo Arial 12 ou similar), a dobre espacio, con absoluta liberdade do autor/a en canto as estrofas, médida e rima.
Dotación
Para o primeiro clasificado: un lote de exemplares e 2.500 euros.
Para o segundo clasificado: 500 euros.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 20/11/2023
Máis información https://www.concellodenegreira.gal/