A Cámara da Coruña ofrece unha variada oferta formativa dirixida á Mocidade rexistrada no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que lles permita mellorar a súa empregabilidade para facilitar o seu acceso ao mercado laboral.
Todas estas actividades están subvencionadas ao 100% polo Fondo Social Europeo e a entidade cameral.
Así, no mes de setembro darán comezo dez actividades:
En liña:
- Inglés a2, b1, b2 e c1 (300 h), con certificación oficial de Oxford: inicio o 20/09/2023
- Xestión de proxecto con bim; revit e navisworks (250 h): inicio o 21/09/2023
O 12 de setembro, ás 12h, terá lugar unha clase práctica explicativa para coñecer en detalle os contidos deste curso á que se poderá acceder a través deste link.
- Análise de datos e ferramentas avanzadas de microsoft excel (250 h), con certificación en microsoft office specialist e expert: inicio o 25/09/2023
Presencial:
- Deseño e creación de videoxogos (180 h): inicio o 18/09/2023
- Persoal de apoio para xestoría (180 h): inicio o 18/09/2023
- Mk e comunicación (180 h): inicio o 18/09/2023
- Mercado da moda (180 h): inicio o 18/09/2023
- Auxiliar de reposición e venda en gran superficie (210 h), con 100 h de prácticas en empresas: inicio o 18/09/2023
- Prl no sector da construción (180 h), en colaboración con apecco: inicio o 20/09/2023
- Microsoft office (180 h): inicio o 26/09/2023