12 meses de voluntariado promovendo o turismo en Monesiglio, Italia

13 Set 2023

A organización de acollida que promove este voluntariado, que se desenvolverá entre outubro de 2023 e outubro de 2024, difunde e promove o coñecemento do territorio en todos os seus aspectos: da historia á literatura, da arquitectura á enogastronomía. O obxectivo da asociación é contrarrestar a crecente marxinalidade dos pobos e comunidades da Alta Langa, creando eventos e experiencias para estimular o turismo e promovendo actividades de formación relacionadas co territorio.

Reembolsaranse aos voluntarios os gastos de viaxe de chegada e regreso. O importe total depende da distancia do lugar de residencia do voluntario. Cada voluntario recibirá mensualmente diñeiro de peto, para comida e gastos. Todos os gastos de transporte relacionados coas actividades do proxecto corren a cargo a organización. Aos voluntarios proporcionaránselle bicicletas para explorar a zona no seu tempo libre. Os voluntarios vivirán nun apartamento independente en habitacións compartidas. Todos os gastos de aloxamento corren a cargo pola organización.
Todos os gastos pagos (transporte, aloxamento, gastos casa, comida, diñeiro peto, curso idiomas, seguro, formacións, apoio titor etc...)
As horas de traballo serán 35 por semana. O horario pode ser diferente e ás veces pode incluír fins de semana en caso de eventos. As tarefas a desenvolver serán: promover o turismo xestionando o albergue e a oficina de turismo para atraer a atención cara á cultura única e patrimonio histórico da rexión, apoiar festivais e actividades culturais atendendo dun antigo castelo onde se celebran evento locais, impulsar a representación da zona nos medios de comunicación xestionando as redes sociais e promocionando as oportunidades de turismo e conectar coas comunidades locais organizando proxectos interxeneracionais e entrevistando á poboación local sobre as tradicións. Ademáis, cada voluntario terá a oportunidade de poñer en marcha o seu propio proxecto persoal

Formación
Os voluntarios recibirán á súa chegada unha introdución dirixida polo supervisor que lles permitirá descubrir a organización, as actividades realizadas e os métodos de traballo. Serán instruídos e apoiados durante o servizo polo supervisor e polas persoas coas que cooperarán. Tamén recibirán á súa chegada unha formación en liña coordinada pola Axencia Nacional Italiana.

Perfil
18-30 anos, cidadáns españois ou residentes legais en España con NIE válido para a duración do proxecto

Máis información https://www.yeseuropa.org/