A Fundación SEPI, F.S.P. convoca as bolsas do Programa de Iniciación na Empresa 2023/2. O obxectivo deste programa é posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas mozas (universitarias ou de grao superior de formación profesional) sen experiencia profesional.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de setembro de 2023. A duración desta formación remunerada é inicialmente de 6 meses con posibilidade de ampliación.
Requisitos
Concluír, no momento de realizar a entrevista persoal, os estudos necesarios para a obtención dun título universitario oficial ou superior de formación profesional, apto para desempeñar tarefas dacordo coas prazas ofertadas polas empresas e institucións colaboradoras do Programa. A relación de titulacións aptas para poder acceder ás bolsas do Programa quedará exposta na páxina web da FUNDACIÓN.
Concluír os estudos necesarios para a obtención do título de que se trate ou cumprir co requisito establecido no parágrafo segundo do apartado anterior desde o 1 de xaneiro de 2021.
Nacer a partir do 1 de novembro de 1993, para a convocatoria 2023/2.
Non desempeñar traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, xa sexa por conta propia ou allea.
Non ser beneficiario ou beneficiaria dalgún programa de bolsas da FUNDACIÓN SEPI, nin renunciar a algunha bolsa outorgada por esta institución durante o período formativo.
Remuneración
Gozar dun período de formación práctica nalgún dos centros das empresas e institucións colaboradoras no proceso 2023/2 do Programa.
885€/mes, para as persoas beneficiarias que sexan tituladas universitarias.
800€/mes, para as persoas beneficiarias que sexan técnicas superiores de formación profesional.
Máis información
Páxina web
Fundación SEPI
R/ Quintana, Nº 2, 3ª planta, porta 2. 28008- Madrid
Tlf.: 91 548 83 51
correo: becas@fundacionsepi.es