X Bienal Iberoamericana de Obra Gráfica

12 Set 2023

O Concello de Cáceres convoca a X Bienal Iberoamericana de Obra Gráfica “Cidade de Cáceres” 2023, que pretende incentivar e apoiar a creación plástica, comprometida coa promoción e difusión da actividade cultural.

Os/as artistas presentarán ata un máximo de dúas obras inéditas e orixinais. Non se admitirán as que excedan dun ano de antigüidade na elaboración nin as copias nin os anónimos. Tampouco se admitirán as que participasen en concursos anteriores nin as editadas. O tema e a tendencia queda a xuízo dos/as participantes.
As obras presentadas a esta convocatoria estarán realizadas mediante calquera dos procedementos de xeración de imaxes múltiples impresas: gravado, serigrafía, técnicas aditivas, electrográficas, dixitais, etc.

Destinatarios
Poderán concorrer todos/as os/as artistas españois/as e da comunidade internacional, maiores de idade a data de fin da presente convocatoria e que se atopen ao corrente de pagos coa Seguridade Social, a Facenda Estatal e o Concello de Cáceres.

Dotación
Outorgaranse os seguintes premios:
Un primeiro premio de 6.000 euros.
Un accésit de 3.000 euros

O plazo de inscrición permanecerá aberto ata o 29 de setembro.

Máis información https://www.ayto-caceres.es/